Porto e Lonxa

A lonxa

Confraría de pescadores "A Anunciada"

O espazo do porto pesqueiro correspóndese precisamente co que ocupa o paseo marítimo actual. Está dividido pola lonxa de pescado e un longo espigón. As embarcacións de pesca espállanse a ambos lados do peirao, un dos cales ten embarcadoiros flotantes. Alí agarda as visitas o museo da Carabela Pinta.

A Confraría de pescadores "A Anunciada" é unha corporación de dereito público, sen ánimo de lucro, que actúa como órgano de consulta e colaboración coa Administración na promoción do sector pesqueiro (polo que lle corresponde orientar a todos os seus membros sobre as accións derivadas da aplicación da normativa que concirne ó sector pesqueiro e, en particular, sobre axudas, subvencións e programas establecidos pola Administración pública) e representa os intereses económicos e corporativos dos profesionais do sector.

O seu ámbito territorial comprende desde a praia de Abra (Patos) deica as illas Orelludas, incluíndo as illas Estelas e Farallóns.

  • Alférez Barreiro, 26. 36300-BAIONA.
    Tel: 986 385 036 - Fax: 986 355 361

A lonxa

A lonxa onde se poxa o peixe e mais o marisco capturados en Baiona está situada á entrada do peirao. Ademáis da área dedicada á poxa dispón de almacéns de equipamentos para os mariñeiros, varias cámaras frigoríficas para conservación do peixe e ofrece servizo de venda de engado e de venda e fábrica de xeo.

A poxa realízase a diferentes horas, dependendo da época e da clase de capturas. Consulta a súa disponibilidade na propia lonxa.

  • Alférez Barreiro, s/n. 36300-BAIONA.
    Tel: 986 385 036
 
Engadir ao planificador de viaxes
Este lugar pertence a ruta seguinte: Gastronómica