baiona.org

Igualdade de Género

« Atrás

Programa C-Test

¿Qué é o programa C-Test?

A través do Programa de Teleformación C-Test, o Instituto da Muller persegue extender o coñecemento e o acceso ás Novas Tecnoloxías da Información ó maior número de mulleres en todo o territorio nacional.

Por elo:

  • O Programa de Teleformación incorpora cursos sobre diferentes materias informáticas e con diferentes niveis de complexidade, co obxecto de ofertar ás alumnas unha ampla gama de accións formativas adaptadas ás súas necesidades.
  • A teleformación permitelles ás alumnas seguir os cursos con total liberdade de horarios, ben dende o propio domicilio, ou ben dende os Centros Antena habilitados para tal efecto polas administracións autonómicas e locais vinculadas ó Programa de Teleformación do Instituto da Muller. Neste caso o Concello de Baiona conta cun aula vinculada a este proxecto (no Centro Antena de Sabarís) na que se imparte este programa de formación de xuño a decembro deste ano.
  • As alumnas están permanentemente asistidas, a través de Internet e nos Centro Antena, tantos nos aspectos técnicos e metodolóxicos, como en canto ós contidos dos diferentes cursos ofertados.

O Programa de Teleformación, impulsado polo Instituto da Muller e polas administracións autonómicas e locais vinculadas o mesmo, persigue un doble obxectivo: por unha banda, achegar o mundo das novas tecnoloxías ás mulleres e, por outra banda, adaptar os coñecementos das mulleres ás modificacións que as Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación impoñen no mercado laboral.

Características dos cursos

  • Os cursos, desenvolvidos a través da Internet, contan cun profesorado, titorías individualizadas que prestarán asistencia técnica e metodolóxica ás alumnas.
  • Son cursos de balde, pódense realizar no Centro Antena do Concello de Baiona que habilitará amplos horarios adaptables a calquera muller, ou no propio domicilio no que sólo será necesario ter equipamento informático (hardware e software) e acceso a Internet.
  • As alumnas só poderán optar a un curso por convocatoria (ano).

No caso de interesarlle a inscrición en algún deles, deberá solicitalo na seguinte dirección

Centro de Información á Muller do Concello de Baiona (rúa Dolores Agrelo nº 16, tlf: 986.35.75.54)

CURSOS

  • ADMINISTRACIÓN Y OFICINAS
    -CONTAPLUS
    -FACTURAPLUS
  • IDIOMAS
    -INGLÉS INICIAL
    -INGLÉS INTERMEDIO
  • INFORMÁTICA
    -ORACLE
    -VISUAL BASIC
    -PROGRAMACIÓN JAVA
  • OFIMÁTICA Y DISEÑO
    -MICROSOFT OFFICE
    -WINDOWS XP E INTERNET
    -CREACIÓN DE PÁGINAS WEB
    -DISEÑO GRÁFICO
    -DISEÑO PUBLICITARIO