baiona.org

Igualdade de Género

« Atrás

Curso de coidadoras infantís (actividade gratuita)

DESTINATARIAS

Mulleres desempregadas de Baiona, que posean formación en : mestra en educación infantil, pedagoxía, psicoloxía, técnicas de xardín de infancia.

DURACIÓN

100 horas. En horario de mañá a partir de Xaneiro do 2006.

OBXECTIVO

Formar a un equipo de mulleres en materias propias no eido da axuda domiciliaria á infancia dotando ás profesionais participantes das técnicas necesarias tanto no referente ó aspecto didáctico e metodolóxico como no que afecta ó coñecemento dos aspectos psicolóxicos e evolutivos das /dos nenas/os .ó finalizar a formación pasarán a formar parte dunha bolsa de emprego para participar nun proxecto que a Concellería de Igualdade de Xénero do Concello ten previsto por en funcionamento no ano 2006

CONTIDOS

Os contidos se distribúen en seis módulos:

  • Psicoloxía e desenvolvemento infantil
  • Bases Psicopedagóxicas da educación especial
  • Infancia en risco de exclusión e marxinación social
  • Técnicas de dinamización e ocio e tempo libre
  • Primeiros auxilios na infancia
  • Igualdade de Oportunidades

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  • Fotocopia do DNI
  • Fotocopia compulsada da titulación
  • Fotocopia da tarxeta do paro
  • Certificado de empadronamento
  • Solicitude para ser admitida

LUGAR DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN

CIM de Baiona. Tno: 986 35 75 54

MODELO DE SOLICITUDE

Modelo en arquivo .pdf