baiona.org

Igualdade de Género

« Atrás

Curso de habilidades básicas para o acceso ó emprego

DESTINATARIAS

Mulleres de Baiona, desempregadas

OBXECTIVO

Desenvolver habilidades sociais e personais básicas que permitan ás participantes a súa mellor inserción no mundo laboral.

DESCRIPCIÓN

As habilidades sociais son un conxunto de comportamentos aprendidos e adquiridos, que incluen unha serie de conductas necesarias para conquerir uns obxectivos ante situacións sociais específicas.

Unha destas situacións é a busca de emprego, para a que é necesario contar con habilidades mínimas de tipo interpersonal: comunicación, asertividade.... en definitiva saber desenvolverse eficazmente ante outras persoas

CONTIDOS

  • As relacións interpersonais
  • Habilidades básicas de interacción social
  • Habilidades de comunicación. A asertividade
  • Situacións específicas na busca de emprego. A entrevista presencial e telefónica

METODOLOXÍA

Activa e participativa. Pártese da realidade persoal de cada participante traballando de xeito individual e con dinámicas grupais

TEMPORALIZACIÓN

A duración total do taller é de 12 horas.

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

As persoas interesadas en participar deben entregar a seguinte documentación no Centro de Información á Muller

  • Fotocopia de DNI
  • Fotocopia da tarxeta do paro
  • Certificado de empadronamento
  • Solicitude debidamente cuberta para entrar no proceso de selección

MODELO DE SOLICITUDE

Modelo en arquivo .pdf