baiona.org

Noticias

« Atrás

"Somos Iguais. Contos pola Igualdade" con Raquel Queizas

A praza Victoria Cadaval de Sabarís, acollerá o vindeiro xoves 23 de xullo ás 20:00 horas unha sesión de contacontos da mán de Raquel Queizas baixo o título “Somos Iguais. Contos pola Igualdade “.A actividade dirixida ao público familiar e recomendable a partir de catro anos. A actividade é organizada pola Concellería de igualdade do Concello de Baiona, e financiada con cargo aos créditos recibidos o Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de xénero.

Nesta obra Queliña quere ser aviadora, gústalle vivir aventuras e contar historias. De pequena estaba farta de escoitar contos de PRINCESAS ROSAS e apoucadas e de PRÍNCIPES AZUIS e insensibles e un día dixo BASTA XA!!!

Puxo o gorro e os anteollos de pilota e foi buscar contos para demostrar que nenas e nenos SOMOS IGUAIS. Si, igual de valentes e igual de sensibles.

 

Descubriremos historias de nenas e nenos (ou animais) que rompen os estereotipos que abundan nos contos; nenas decididas, nenos sensibles. Identificaremos situacións as que nos temos que enfrontar día a día, na escola, na casa, coas amigas e amigos, ... onde a violencia ou a agresividade física e verbal pode ter solución grazas á palabra e gozaremos brincando coa imaxinación que nos une.

 

Dende a nenez pódese previr todo tipo de violencia mediante novos modelos de feminidade e masculinidade rachando así cos roles e estereotipos asignados.

 

 

compartir en facebook compartir en twitter

Promedio (0 Votos)