baiona.org

Noticias

« Atrás

"QUERO O TEU MERCADO"

As prazas de abastos de Baiona volven a converterse un ano máis na referencia para a mellor alimentación e produtos de calidade coa maior garantía. Diferentes actividades contribuirán a facer das prazas non só un referente comercial, senón tamén un espazo de lecer e aprendizaxe, con numerosos agasallos coas compras do día ata o final da campaña.

Este venres, día 24 comezará na Praza de Baiona e o próximo luns, día 27 en Sabarís a campaña "Quere ao teu Mercado", organizado pola Secretaría Xeral de Comercio da Xunta e o Concello de Baiona. O proxecto volve a ser unha firme aposta por apoiar á economía local e de base na que os praceiros teñen un protagonismo fundamental.

“Novamente iniciativas como esta, buscan dinamizar estes espacios acercando a cidadania para potenciar a compra de productos locais, ademáis de por en valor un bo facer de grandes profesionais, e sen dúbida o trato cercano cos clientes”, explica a concelleira de Comercio, Natalia Figueroa.

Esta campaña consistirá na realización dun Showcooking tanto na praza de Baiona, coma na praza de Sabarís no horario de 11:30 h. a 12:30 h.

Programa 24 maio

Programa 27 maio

compartir en facebook compartir en twitter

Promedio (0 Votos)