baiona.org

Noticias

« Atrás

O Concello de Baiona organiza un curso de Xestión de Subvencions para asociacións municipais

Con motivo da convocatoria, por parte do Concello de Baiona, de subvencións ás asociacións municipais  para a realización de actividades culturais e deportivas, a Concellería de Cultura, dirixida por Miriam Mar Costas Iriarte, organiza esta acción formativa para apoiar ás entidades do municipio no seus trámites coa Administración Electrónica.

O curso ten unha duración de 10 horas, e terá lugar no Centro Multiusos Ángel Bedriñana, os días 30 de setembro, 1,2,3 e 4 de outubro de 2019 en horario de 19 a 21 h. O obxectivo  é dotar aos participantes de habilidades e competencias para a xestión e tramitación dunha subvención.

As asociacións interesadas, poderán inscribirse no teléfono 986385921, cun máximo de 2 participantes por asociación. 

A Concellería de Cultura, informa así mesmo, de que o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria de subvencións do concello para realizar actividades culturais e deportivas, remata o 10 de outubro de 2019.

 

Concellería de Cultura

Concello de Baiona

compartir en facebook compartir en twitter

Promedio (0 Votos)