baiona.org

Noticias

« Atrás

O Concello de Baiona reforza a área de urbanismo para axilizar o funcionamento do departamento

O  Concello de Baiona está a reforzar a área de Urbanismo para axilizar o funcionamento do departamento. Este venres tivo lugar o exame para cubrir unha praza de arquitecto ou arquitecta para a súa inmediata incorporación. 

 
“Potenciar e axilizar as tramitacións urbanísticas do  Concello de Baiona”. Ese é, en palabras do concelleiro de Urbanismo, Víctor Muñoz, o “obxectivo principal do equipo de goberno. Unha prioridade que busca estabilizar a tramitación de expedientes dentro do departamento urbanístico, xa en vías de optimización co reforzo de persoal administrativo na área desde o pasado mes de xullo”. 
 
A contratación de persoal que reforza o departamento de Urbanismo é unha das accións principais para lograr o ansiado obxectivo. Este aumento do persoal do departamento para mellorar a xestión de expedientes e poder axilizar asuntos cuxa tramitación quedou postergada e, á súa vez, tramitar con normalidade os novos expedientes que se xeran, está enmarcada dentro das accións do novo equipo de goberno. 
 
Pola súa banda o rexedor Carlos Gómez sinalou que “O departamento de urbanismo  esta traballando  intensamente para axilizar os prazos nos trámites urbanísticos, simplificar os procesos e unificar os criterios de modo que o actual embude se vaia desatascando e os prazos entre a solicitude do permiso e a súa obtención acúrtense, por todo iso era necesario este reforzo no persoal municipal”.
 
GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA
REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ, TÉCNICA DE COMUNICACIÓN gabinetedeprensa@baiona.gal
compartir en facebook compartir en twitter

Promedio (0 Votos)