baiona.org

Noticias

« Atrás

O Concello de Baiona cancela as actividades programadas para o sábado 31 de outubro

O  Concello de Baiona cancelou as actividades programadas para o sábado, 31 de outubro. O goberno local tomou esta decisión por responsabilidade. 

 
Deste xeito cancelouse a programación do  OutubroDiverso organizado pola Concellería de Igualdade prevista para a xornada de mañá: Unha charla con Petra  Porter  e o Comité  Marikas x a festa sobre "Orgullo,  non só  hai un", que ía ter lugar o sábado ás 12:00 horas no Hall  do  Concello de Baiona e o concerto das 20:30 horas na praza do  Concello co espectáculo "As  VARIETÉS de Petra  Porter", de Combinación Imperfecta, actividades que pechaban un completo programa de actividades ao redor da visualización das realidades  LGBTIQA+ e que se sucedeu  ao longo do mes de outubro.
 
Tamén se  supendeu o espectáculo interactivo infantil “A Bailar  Esqueletes”, a cargo  do grupo Animar-  T, previsto para ás 18:00 horas na praza do  Concello, actividade  realízada con motivo da celebración do Samaín  e enmarcada dentro do   BaiOutono, programación realizada  pola Concellería de Cultura de Baiona
 
“Desde o comportamento exemplar que demostraron os nosos veciños e veciñas ata o de agora, temos que seguir pedindo disciplina e un maior esforzo para minimizar os riscos que seguen estando moi presentes”, indica o alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado. Ao mesmo tempo que  recomenda “evitar as reunións sociais na medida do posible. O importante agora é seguir cumprindo estritamente as indicacións sanitarias, tal e como a cidadanía baionesa vén facendo con  exemplaridade desde o inicio da pandemia”, finaliza o rexedor.
 
Desde o Consistorio faise un chamamento ao cumprimento estrito de todas as indicacións das autoridades sanitarias, facendo fincapé nas últimas restricións da Xunta de non congregarse máis de cinco persoas. 
 
GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA
REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ, TÉCNICA DE COMUNICACIÓN gabinetedeprensa@baiona.gal
compartir en facebook compartir en twitter

Promedio (0 Votos)