baiona.org

Noticias

« Atrás

Baiona, entre os 100 destinos turísticos máis sostibles do mundo

A Vila de Baiona é un dos 100 destinos turísticos máis sostibles do mundo. Así o recoñeceu a organización internacional Green  Destinations, que estes días celebrou a sexta edición das xornadas mundiais de destinos verdes (Global Green  Destination  Days)  que, por motivos sanitarios, celebrouse de forma en liña. 

Con este recoñecemento o comité internacional que elabora esta listaxe distingue á vila mariñeira ,  única na comunidade de Galicia dentro desta clasificación, e valora os esforzos realizados en materias como a protección do medio natural, a transición enerxética e a xestión de residuos ou a implicación social para a sustentabilidade, algo que Baiona comparte co resto de destinos.
 
O acceso de Baiona a esta lista de destinos  medioambientalmente non é casualidade pois a real vila ten no seu haber unha infinidade de recurso naturais destacados como o carreiro litoral, as sendas fluviais, o espazo natural A Foz  do Miñor, ou as súas praias. Tamén se tivo en conta o respecto pola cultura tradicional así como a hospitalidade das súas xentes e por supostos o labor dos establecementos turísticos, hostaleiros e comerciais da localidade que se adheriron ao Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (SICTED) que día a día se esforzan enormemente por ofrecer  turismo de gran calidade.
 
Ademáis de ser o único destino de Galicia incluído entre estes 100 destinos turísticos sostibles, xunto con Baiona tan só cinco destinos do territorio español han entrado a formar parte desta listaxe:  Noja (Cantabria),  Berguedà (Cataluña),  Pallars  Jussà (Cataluña),  Terres de  l' Ebre (Cataluña) e  Torroella de  Montgrí-  L' Estartit (Cataluña).
 
Non é a primeira vez que a Villa forma parte desta clasificación. De feito, Baiona forma parte destes 100 destinos sostibles desde 2016, renovando este recoñecemento grazas á excelencia nos seus atractivos turísticos, culturais, patrimoniais e ambientais. Desde entón, aparece nesta listaxe que recoñece o traballo en prol da sustentabilidade turística. Este feito situou ao municipio dentro das principais canles de promoción de destinos sostibles, tanto a nivel nacional como internacional. 
 
“Este é un recoñecemento ao traballo que cada día fan os nosos profesionais”, destaca o Alcalde e Concelleiro de Turismo, Carlos Gómez Prado , lembrando así que se valoraron os esforzos realizados en protección ambiental, transición enerxética, xestión de residuos ou a implicación social. 
 
“A sustentabilidade é parte fundamental da estratexia turística de Baiona, que acaba de renovar a súa imaxe de marca, pero tamén é unha responsabilidade que temos como dirixentes e como veciños e veciñas dun enclave natural único”. 
 
 
Gómez asegurou que “estar entre estes 100 destinos consolida o traballo do  Concello e de todos os veciños e veciñas, sen os que non sería posible manter ano tras ano a riqueza natural do noso municipio”.
 
O comité internacional encargado desta certificación avaliou o traballo que cada territorio realiza en diferentes campos como o impacto do turismo sobre a economía local, e avalía se o territorio certificado conta cunha planificación para seguir avanzando nos seus obxectivos sostibles.
 
O congreso aglutina, ademais, os destinos e organizacións xestoras ecoturísticas máis importantes do mundo. Convidouse aos 100 mellores participantes a aparecer na  Good Travel  Guide, o que lles permite contar as súas historias de sustentabilidade aos viaxeiros interesados. Baiona xa dispón do seu propio apartado: https://goodtravel.guide/spain/baiona-green-holiday/ 
 
GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA
REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ, TÉCNICA DE COMUNICACIÓN gabinetedeprensa@baiona.gal
compartir en facebook compartir en twitter

Promedio (0 Votos)