baiona.org

Noticias

« Atrás

O Concello de Baiona presenta "Ritmos da Hispanidade" , unha programación deseñada para facer partícipe da celebración do día da Hispanidade a toda a cidadanía de Baiona

O salón de plenos do  Concello de Baiona acolleu esta mañá a presentación de “Ritmos dá  Hispanidade”, unha programación deseñada con motivo da celebración do día da Hispanidade. A Concellería de Cultura deu un paso máis na celebración desta efeméride e programou unha fin de semana chea de concertos dedicados a tres países iberoamericanos, Cuba, Brasil e Arxentina, que xogaron un papel fundamental na inmigración galega,  enseñanado e divulgando toda a riqueza cultural destes países de acollida.

 
Os veciños e veciñas, así como aqueles que se acheguen a Baiona a gozar da ponte do día da Hispanidade, poderán gozar de tres días de actividades. Así o sábado ás 19:00 h, a sesión irá dedicada a Cuba baixo o título “ Cuba en mí. La Trova”. O grupo Sueño de Calíope será o encargado de poñer ritmo á tarde cun repertorio homenaxe a destacados compositores de canción tradicional e  nuevísima canción cubana, desde Manuel Corona e Sindo  Garay ata José Antonio Quesada e Silvio Rodríguez. O domingo será o día dedicado a Brasil; ritmos de  bossa  nova,  samba,  tropicalismo poderanse gozar ás 19:00 h da man do concerto de  Chá,  Cerveja e  Violao. O propio 12 de outubro celebrarase ás 18:00 h o acto protocolario na praza do  Concello para despois gozar do concerto de “Raíces Argentinas” facendo un percorrido musical pola terra da Prata que abarca desde o tango, a  milonga e canción popular.
 
Durante a presentación na que participaron o Alcalde, Carlos Gómez Prado, e a Concelleira de Cultura, Miriam Mar Costas  Iriarte, o rexedor baionés explicou “que esta programación está  diseñeda para achega a celebración da hispanidade a toda a cidadanía”. 
 
En concreto, detallou os cambios significativos no acto protocolario do día 12: “ Queremos dar un un gran xiro aos eventos que organiza o  concello polo que os deseñamos para o goce de todos os veciños e veciñas da vila. Para que todo o pobo participe deles. Por iso o día 12 organizamos un acto aberto no que toda a  cuidadanía poida gozar. O obxectivo é gozar da  Hispanidade todos xuntos. O  Concello de Baiona leva celebrando o acto 19 anos e había que darlle unha volta para que todo o pobo puidese participar deste evento, sempre respectando o protocolo,  a celebración do  día da Hispanidade deixará de ser un acto  encorsetado no que participan uns poucos para pasar a ser un acto para todos e todas”. 
 
O acto de celebración do día da Hispanidade está subvencionado pola Deputación Provincial de Pontevedra. Este día leva celebrando na Vila  desde fai dezanove anos , en colaboración coa institución provincial, debido á relación que Baiona ten con América e coa comunidade   colombina, ademais do feito histórico de que Baiona foi o primeiro porto de Europa en ser  conoceder do Descubrimento de América  cando chegou ao seu porto a  Carabela Pinta ao mando de Martín Alonso  Pinzón. 
 
Todo iso terán lugar no  escenario na  Praza  do  Concello, instalado baixo a carpa que se colocou para que o público poida gozar de maneira segura xa que se controlará   o aforo e cumprirase con todas  as medidas de seguridade. 
 
 
GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA
REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ, TÉCNICA DE COMUNICACIÓN gabinetedeprensa@baiona.gal
 
compartir en facebook compartir en twitter

Promedio (0 Votos)