baiona.org

Noticias

« Atrás

O Concello de Baiona recibe 6.000 euros da Deputación de Pontevedra para adquirir produtos sanitarios e de desinfección no centro Anxo Bedriñana

O  Concello de Baiona beneficiouse dunha  subvención de 6.000 euros ao amparo da habilitación da liña 2 do Plan  Concellos 2020 que a Deputación de Pontevedra puxo a disposición para dar liquidez á hora de sufragar necesidades motivadas pola crise do coronavirus. Concretamente, a subvención vai destinada á actuación que ten por nome “Medidas destinadas a paliar os efectos negativos da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 e a prevención para evitar a transmisión da pandemia”.
 
O obxectivo deste concello é poñer as medidas de seguridade e preventivas necesarias no centro Anxo  Bedriñana xa que está previsto a implementación de actividades en distintos ámbitos, tales como o programa “Emprégache”, o programa achegándonos ás novas tecnoloxías, entre outros  así como distintos curso  enfocados aos máis novos do municipio por exemplo o curso de ilustración e cómic que comeza este sábado.
 
O  Concello de Baiona iniciará no edificio municipal a posta en marcha de protocolos e implantación das medidas de prevención, que teñen como obxectivo xeneral, e reducir ao máximo o risco de contaxio e transmisión da pandemia.
 
LIÑAS DE ACTUACIÓNS
 
A subvención destinarase a distintos tipos de actuacións. A primeira delas é a posta en marcha  dun tratamento de choque no edificio municipal o que supoñerá unha limpeza con produtos hixiénicos adecuados contra a  COVID antes da apertura das instalacións.
 
Doutra banda, a axuda servirá para colaborar nos labores de limpeza e desinfección en profundidade o centro municipal: desinfección de superficies cando sexan usadas as aulas por distintas persoas ( mesas, computadores, cadeiras,  pomos de portas …); desinfección do material cando é compartido...
 
O terceiro tipo de actuación para o que se destinará a subvención da Deputación Provincial de Pontevedra é o relacionado coa hixiene e protección persoal. A hixiene de mans é a medida principal de prevención e control da infección por coronavirus. Por iso, garantiuse a presenza de  dispensadores de xabón e de xel en base alcohólica para a desinfección de mans. Tamén se dedicará parte desta partida á adquisición de máscaras.
 
GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA
REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ gabinetedeprensa@baiona.gal
 

 

 
 
 
 
 
What do you want to do ?
New mail
compartir en facebook compartir en twitter

Promedio (0 Votos)