baiona.org

Noticias

« Atrás

Obradoiro interxeneracional de elaboración de xabóns naturais en Baiona

Este nadal poderás obsequiar aos teus seres queridos cun agasallo moi especial feito por ti mesmo. Apúntache con algún membro da túa familia ao obraadoiro interxeracional de “Xabóns Naturais con Receitas da Avoa”.

O Concello de Baiona, xunto coa Deputación de Pontevedra, organiza a actividade totalmente gratuíta, dentro do programa Tecendo Lazos.

Tecendo Lazos é un programa de lecer e tempo libre coa finalidade de reforzar os lazos afectivos entre distintas xeracións. Poderán participar neste taller membros da mesma familia; pais/nais e fillos/as, avós/as e netos/as, tíos/as e sobriños/as, etc. entre os 10 e os 99 anos.

O taller ten unha duración de 16 horas, e terá lugar os días 12, 14, 19, e 21 (de 17:00 a 20:00 horas), e o 26 e 28 de decembro de (de 10:00 a 12:00 horas), no Centro Multiusos Ángel Bedriñana de Baiona.

Máis Información e inscricións na Omix, ou no teléfono 986 385 925, ata o 1 de Decembro.

GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA

REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ gabinetedeprensa@baiona.org 

compartir en facebook compartir en twitter

Promedio (0 Votos)