baiona.org

Noticias

« Atrás

A Xunta de Galicia implementará internet de alta velocidade en dezanove núcleos de población en Baiona

Dezanove núcleos de poboación integrados nas cinco parroquias que forman o  Concello de Baiona dispoñerán de acceso a Internet de alta velocidade, grazas ás actuacións conxuntas que están a levar a cabo a Xunta e o Estado. Segundo explica a  Axencia para a Modernización  Tecnolóxica de Galicia, organismo dependente da Xunta, ambas as administracións están a subvencionar a extensión da fibra en zonas brancas, isto é, aquelas en as que non existe cobertura dun mínimo de 30 Mbps.

Entre 2018 e 2020 a empresa Telefónica de España, S.A., como beneficiaria dunha subvención da Xunta de Galicia de 14,2 millóns de euros, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de  Desenvolvimiento Rural ( FEADER), despregará redes  ultrrápidas en  nucleos de toda Galicia, que posibilitarán servizos de acceso a internet de máis de 100  Mbps simétricos mediante fibra  óptoca. Así no  Concello de Baiona veranse beneficiados os seguintes núcleos: Cancelo,  Caneiro e  Rocamar, na parroquia de Baredo. En  Eidos, Igrexa, Fontes e  Laxes en  Baíña.  Medialdea,  Urgal en Belesar. Area,  Caeiro,  Xuncal, Outeiro, Ponche  Novo,  Sabarís e Viso de Calvos na parroquia de Santa Cristina da Ramallosa. Na parroquia de Santa María de Baiona; San  Antón,  Percibilleira e  Covaterreña. Con esta nova medida todas estas zonas terán cobertura de 100 Mbps

O Estado, que é a administración competente en materia de telecomunicacións, e a Xunta, de forma complementaria, están a incentivar o despregamento de redes  ultrarrápidas en zonas brancas, aquelas que non dispoñen dunha conexión a internet con estas velocidades e que non resultan rendibles para os operadores.

O Alcalde de Baiona, sinala que “Trátase dunha gran noticia para os nosos veciños e veciñas xa que será moitos os que se beneficiarán deste proxecto de conectividade que chegará 19 núcleos de poboación do noso municipio. Todas estas zonas terán garantida a conexión a internet de alta velocidade, segura, sen cortes e con total garantía.

Rodal tamén destacou a colaboración do Concello de Baiona coa Xunta de Galicia a través da  Axencia para a Modernización  Tecnolóxica de Galicia "no seu afán de garantir a extensión das redes de telecomunicacións de nova xeración”.

GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA           

REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ gabinetedeprensa@baiona.org 

compartir en facebook compartir en twitter

Promedio (0 Votos)