baiona.org

Noticias

« Atrás

A música electrónica arriba a Baiona

A contorna de praia de Frades converterase nunha gran pista de baile con motivo da quinta edición do Frades  Sunset Festival, unha cita coa música electrónica que se converteu nun referente do xénero en Galicia.

Os asistentes poderán gozar de doce horas ininterrompidas de música con todas as mesturas posibles nos  sintetizadores ademais dunha zona  chill- out, servizo de barra e de varias  food- trucks para repoñer forzas.

O Frades  Sunset comezará ás 17:00 horas coa actuación de Dani Muñoz, seguiralle a  djane  percy. Tras ela,  Ludwing Van  brothers. Ás 22:00 h  videodeejay Ralph ofrecerá unha sesión especial de dúas horas con  videoclips  remasterizados dos 80 e os 90 adaptada a todos os gustos musicais do público. Tamén  DJ  Yaggo, Thomas  living e Anxo  Vakeiro. O prato forte da xornada correrá a cargo de  Wally López, un dos maiores expoñentes da música electrónica española.  Groove Amigos serán os encargados de baixar o pano da quinta edición do Frades  Sunset. Ademais, Pablo Méndez animará a festa coa súa  performance xunto cos da axencia  Big  Lab.

Hai que destacar a actuación dos  dj` s  baioneses  DJ  Yaggo e  Ludwing Van  brothers, quen participou en edicións pasadas do festival e que asesora ao  Concello cada ano para configurar o cartel.

A Concellería de Cultura e a Concellería de Turismo, organizadoras do evento, apostan un ano máis pola fórmula dos máis prestixiosos festivais de praia do mundo ante o éxito alcanzado nas edicións pasadas. O festival conta coa colaboración de  Aceba e varios locais de copas do municipio. Todos se uniron para poñer ritmo á vila.

O Frades  Sunset Festival compleméntase cunha apetitosa oferta gastronómica. Aqueles que se despracen ata a contorna da Praia de Frades poderán gozar de servizo de bebidas e de diferentes  food  truck que ofrecerán variadas viandas: hamburguesas, tacos,  arepas,  creps… unha infinidade de  delicatessen a gozar nun marco incomparable cun son de fondo sen igual.

“Unha festa como a organizada polo  Concello de Baiona é única en Galicia. Similar ás que teñen lugar en Eivissa, o Frades  Sunset Festival non ten nada que envexar as festas de praia da illa  pitiusa pois o ten todo: A mellor música dance, no mellor escenario e coa guinda da posta de sol máis espectacular da vila mariñeira”, matizou María Iglesias, Concelleira de Cultura e gran impulsora da creación do festival.

Baioneses e visitantes gozarán de forma gratuíta dun gran espectáculo nun enclave  idílico que este ano se verá superado en produción, efectos especiais e  performance.

Baiona vivirá unha tarde e unha noite máxicas na que deixarse levar polos sentidos será tarefa fácil.

GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA           

REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ gabinetedeprensa@baiona.org 

compartir en facebook compartir en twitter

Promedio (0 Votos)