baiona.org

Noticias

« Atrás

A música seguirá soando en Baiona

O  Concello de Baiona informa nun bando que, en aplicación da Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, os propietarios dos locais poderán realizar concertos nas súas terrazas durante os meses de xullo, agosto e setembro en horario de 12:00 a 15:00 h e de 20:00 a 23:00 h en acústico e previa solicitude no Rexistro Municipal do  Concello e con firma dunha declaración responsable.

Respecto dos concertos no interior dos locais, nos que a súa licenza non se permita, existirá unha autorización extraordinaria, con motivo dun aniversario, festa local… Dita autorización tamén terá que ser solicitada por rexistro no  Concello e xustificar o perfil extraordinario da celebración.

A partir de mañá os interesados terán á súa disposición no Rexistro Xeral do  Concello de Baiona, situado na planta baixa do edificio, en horario de verán, meses de xullo e agosto, de 09:00 a 13:00, e o resto do ano de 9:00 a 14:00 h.

Estas medidas serán de aplicación mentres non se redacte a correspondente ordenanza que regule este tipo de actividades no  Concello de Baiona. Con todo e co cambio de normativa autonómica, desde o  Concello de Baiona sinalan que ao pasar a ser reguladas polo  Concello de Baiona os trámites para as solicitudes tramitaranse moito máis rápido do que se facía ata agora ao converterse nunha competencia municipal.

Máis información: Departamento de Cultura do  Concello de Baiona, teléfono:986385921

GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA           

REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ gabinetedeprensa@baiona.org 

compartir en facebook compartir en twitter

Promedio (0 Votos)