baiona.org

Noticias

« Atrás

Concurso mellor canción galega "Os Bardos 2019"

O vindeiro sábado 29 de xuño ás 21:00h na Praza do Concello de Baiona terá lugar a Gala Final do concurso de Mellor Canción Galega 2019, organizado polo Concello de Baiona para impulsar, recoñecer a creación, a diversidade, e a calidade da música feita por galegos en lingua galega.

Nesta primeira edición, presentáronse un total de 17 cancións de distintos estilos musicais, sendo preseleccionadas polo xurado 10, que pasan directamente a final de onde sairán os tres primeiros premios. Todos os concursantes defenderán a súa canción nunha gala que será presentada por Rafa Durán, actor, presentador, cómico e showman galego.

Ao finalizar a Gala terá lugar a entrega dos premios consistentes en:

1º premio de 600 .-€ máis unha actuación a caché na programación do Baiverán 2019.

Premio de 400.-€ para o segundo clasificado

Premio de 250.-€ para o terceiro clasificado

 AS CANCIÓNS SELECCIONADAS SON:

NOME DA CANCIÓN

INTÉRPRETE

CAVERNA DIXITAL

O GATO DE CHESHIRE

SOMOS

DAVID DEALONSO

CONVICCIÓN

DENÍS

XOTA DOS ZAPATIÑOS

ERGUTÍO

OSVALDO

MOMBOI

NADA É NOSO

THE MIRROR

A TÚA PEGADA

LUCÍA DOVAL

FOLIADA DO PORRIÑO

GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL FEIXOADA

XOTA DE SOUTOMAIOR

AIRIÑOS DA PENEDA

MEU PAI EU TEÑO UN SOÑO

MARI COSTA

 

Departamento de Cultura

Baiona, 20 de xuño de 2019

compartir en facebook compartir en twitter

Promedio (0 Votos)