baiona.org

Noticias

« Atrás

O Concello de Baiona organiza unha charla informativa para desempregadas

Este é o nome da charla informativa que impartirá un responsable de Adecco este mércores no multiusos Angel Bedriñana, no marco do programa de activación para o emprego das mulleres do Concello de Baiona.

Trátase dunha actividade dirixida principalmente as mulleres participantes no programa, pero que estará aberta a cidadanía en xeral.

Durante a sesión darase conta dos perfís profesionais mais buscados polas empresas a día de hoxe, do papel que xogan as empresas de traballo temporal nos procesos de selección, de qué ferramentas empregan para recrutar profesionais e a que competencias prestan maior atención en función de cada sector.

Esta é unha iniciativa da Concellería de Igualdade que está financiada pola Deputación de Pontevedra, e ten por obxectivo mellorar as posibilidades de inserción laboral das mulleres do concello, especialmente daquelas pertencentes a colectivos con maiores dificultades.

O traballo que se está levando nestes últimos meses dende este proxecto baséase na metodoloxía dos Clubes de Emprego, no cal as mulleres ven reforzada a súa busca de saídas laborais co apoio e traballo do resto do grupo.

Dende a Concellería de Igualdade, recordan que esta é unha iniciativa que está aberta a todas as mulleres de Baiona que o desexen, e que poden pedir información.

compartir en facebook compartir en twitter

Promedio (0 Votos)