| Noticias « Atrás Baiona senta as bases da Campaña en Negro contra as violenciasO Concello de Baiona adheriuse por primeira vez, este ano á campaña “En negro contra as violencias”, campaña que se iniciou no ano 2015 impulsada pola Administración local en Santiago de Compostela e que este ano acada xa a participación de 119 concellos. O obxectivo da campaña , é sensibilizar contra as violencias machistas e implicar a toda á cidadanía. A Concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira Costas , iniciou os contactos cos centros educativos municipais e asociacións locais para implicalas na difusión da campaña. Esta desenvolverase no municipio na semana do 18 ao 25 de novembro . Dende a Concelleria de igualdade, proponse vestir de loito a nosa vila, en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia, e como resposta á máis dura das súas consecuencias, a morte. Porque consideramos que, comercios, establecementos e entidades asociativas son o gran escaparate que pode transmitir á cidadanía a mensaxe de denuncia e solidariedade: queremos unha Baiona libre de violencias machistas! Por elo a concelleira de igualdade, informa a todas aquelas entidades, asociacións, comercios, establecementos que queiran participar na difusión da campaña contacten a través do correo electrónico baionaennegro@gmail.com indicando o seu nome e teléfono de contacto. Facilitaráselle diverso material para tinguir de negro Baiona. Salientar que na organización da campaña, colabora activamente o alumnado do ciclo superior de animación sociocultural do IES Primeiro de Marzo.
O
|