baiona.org

Noticias

« Atrás

1º Certame Mellor Canción Galega "Os Bardos"

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona, organiza este certame co obxectivo primordial de impulsar e recoñecer a creación, a diversidade e a calidade da música feita por galegos en lingua galega.

Poderán participar solistas ou grupos que fagan música en lingua galega, que optarán aos seguintes premios:

-         Premio “A Mellor Canción Galega” dotado de 600€, e ademáis o gañador terá a oportunidade de actuar na programación cultural do Baiverán 2019.

-         Segundo Finalista: dotado de 400€

-         Terceiro Finalista: dotado de 250€.

De todos os temas presentados, seleccionaranse 10 finalistas, que participarán nun festival que terá lugar no Auditorio V Centenario de Baiona,  interpretando os temas presentados a  concurso, de entre os que o xurado  elixirá A Mellor Canción Galega 2019.

Este certame quere facer visible a riqueza que a música galega posúe, e quere facelo dun xeito aberto, universal e inclusivo, sen cotas estilísticas ou doutra índole. Deste xeito, o Concello de Baiona amosa o seu compromiso coa promoción da lingua e da cultura galega.

O prazo de solicitudes está aberto ata o 30 de xaneiro de 2019, e as bases da convocatoria poden consultarse no BOPPO núm.6 do 9 de xaneiro de 2019, o una páxina wee www.baiona.org

Máis información na Concellería de Cultura do Concello de Baiona, no teléfono 986385921 ou en cultura@baiona.org

 

compartir en facebook compartir en twitter

Promedio (0 Votos)