baiona.org

Noticias

« Atrás

O Concello de Baiona instala un novo sistema de apertura e peche automático no cemiterio municipal de Santa María de Baiona

O  Concello  de Baiona instala un sistema automatizado de apertura e peche no cemiterio municipal  de Santa María de Baiona. A efectividade deste novo sistema informatizado permite ter un acceso controlado e máis cómodo para o cidadán. O cemiterio municipal pode ser visitado calquera día do ano, incluídos os días 25 de decembro e 1 de xaneiro. O seu horario de apertura é de 09:00-21:00 horas ( horario de verán, 1 de abril ao 31 de outubro) e de 09:00-19:00 (horario de inverno, do 1 de novembro ao 31 de marzo). Para impedir que alguén quede encerrado no seu interior existe un  pulsador de apertura. O novo sistema entrará en funcionamento mañá. 

Así mesmo, operarios municipais están a levar a cabo tarefas de limpeza de reforzo no camposanto para a festividade de Todos os Santos,  traballos que se suman aos ordinarios. 
 
GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA
REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ, TÉCNICA DE COMUNICACIÓN gabinetedeprensa@baiona.gal
compartir en facebook compartir en twitter

Promedio (0 Votos)