baiona.org

javax.portlet.title.EXT_PUBLICADOR

« Atrás

Hotel Pazo de Mendoza

Elduayen, 1

36300 Baiona

Tlf. 986 385014

Fax. 986 385988

Mendoza Fachada do hotelInterior do hotel

Dúas estrelas con todas as comodidades

Comezada a súa construción en 1768 polo deán de Santiago, Dr. Policarpo de Mendoza, e terminado en 1769, o actual Pazo de Mendoza levántase no centro da vila de Baiona, fronte ao mar.

Os soportais abertos á praza de Don Pedro de Castro e os grosos muros graníticos albergan o carácter nobre dos pazos urbanos galegos e o estilo do modo de vida dos séculos XVIII e XIX.

Rehabilitado e inaugurado en 1998, o Pazo de Mendoza conta con doce habitacións onde ademais de atopar todas as comodidades dun hotel moderno (TV, calefacción, climalit, baños completos, secador,...), poderá sentir o discreto encanto de aloxarse nun auténtico e señorial pazo galego.

A localización do Pazo de Mendoza no centro de Baiona, fronte ao mar e o paseo marítimo, as súas terrazas abertas ao propio paseo e á recoleta praza de Don Pedro de Castro fan do noso establecemento un punto de encontro para as familias con nenos pequenos, o frecuente faladoiro literario e artística no café ou o goce dos praceres gastronómicos no noso restaurante.

O Pazo de Mendoza integra así mesmo un esmerado restaurante comprometido coa innovación culinaria dos pratos e produtos tradicionais de Galicia e un café acolledor de impecable servizo.