baiona.org

Sistema político

Casa do concello

A forma de goberno do Estado español é a Monarquía parlamentaria, que se distingue polo establecemento dun poder executivo dual, representado pola figura do xefe do Estado –o rei Juan Carlos I– e un presidente do Goberno, que dirixe a acción de dito gabinete e coordina as funcións dos demais membros deste. O presidente do Goberno é, desde 2004, José Luis Rodríguez Zapatero, do Partido Socialista, que accedeu ó cargo tras unhas eleccións xerais que poñían fin a unha xeira de 8 anos de goberno do Partido Popular.

España configúrase como un Estado das Autonomías. Galicia é unha das 17 comunidades autónomas que conforman o Estado español. Está constituída polas provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. A capital de Galicia é Santiago de Compostela, cidade na que está a sede da Xunta, o órgano de Goberno de Galicia. O presidente da Xunta de Galicia é, dende 2005, Emilio Pérez Touriño, do Partido Socialista de Galicia.

Baiona é un dos municipios históricos da provincia de Pontevedra. O goberno e administración dos municipios corresponde ós concellos, integrados por un alcalde e varios concelleiros, elixidos polos veciños do municipio. O actual alcalde de Baiona é Jesús Vázquez Almuiña, do Partido Popular.