baiona.org

Baredo

Baredo

Convertida en parroquia independente en 1810 por decisión de García de Benito, bispo de Tui. Ata entón, coma o resto de parroquias, pertencía ó mosteiro de Oia, a quen as doou no século XII Afonso VII.

Baredo posúe un núcleo rural moi ben conservado no que aínda se observan adoito camiños empedrados e casas labregas típicas. O seu litoral é rochoso e iso permítelle recolleitar un dos mellores percebes de Galicia, así como bo peixe de rocha como o sargo. Nos seus dominios érguese o Faro Silleiro, que aínda sinala as rotas dos barcos que pasan por esta costa. Do seu patrimonio artístico destaca o xacemento calcolítico de Udrelos.

En Baredo xúntanse case unha ducia de restaurantes, dos mellores do municipio, nos que se pode probar o peixe e marisco fresco da ría de Baiona. En época de vacacións, dada a concorrencia de clientes, é imprescindible reservar mesa con antelación.

Núcleos de poboación: Agro, Bouza, Cadeiras, Cancelo, Caneiro, Carballo, Lombo, Portelos, Ponte, Río, Rocamar e Torre.

Patrón: Virxe da Cela.