baiona.org

Baiona

Ribeira

A orixe do topónimo pódeselle aplicar igual explicación que para o de Baíña. Teorías como a achegada polo licenciado Molina en 1550 ("aquel pobo de Bayona chamábase antigamente Boyana: por un boi que ten por armas: e corrupto o vocabulario di Bayona por baya: por que é a mellor praia do río"), como outras moitas xurdidas ao longo da historia, carecen totalmente de fundamento.

Na parroquia de Baiona reúnense os elementos artísticos, sociais e turísticos de maior interese do municipio. Ao longo destas páxinas están tratados cada un deles: a fortaleza de Monterreal, os templos relixiosos, os seus valores naturais, a súa oferta de lecer e vacacións e, por suposto, as marcas dunha historia axitada que realzan o seu atractivo.

Núcleos de poboación: A Anunciada, Baiona, Covaterreña, Loureiral, Percibilleira e San Antón.

Patrón: Virxe da Anunciada.

Tamén reciben culto especial en Baiona a Virxe da Carmen, Santa Liberata, a Virxe da Roca e San Cosme e San Damián.