Carabela Pinta

N 42°  7' 16.2588"
W  8° 50' 48.2280"

Carabela Pinta

 

Baiona foi o primeiro porto de Europa que recibiu a noticia da descuberta de América. O 1 de marzo de 1493 a carabela Pinta, capitaneada por Martín Alonso Pinzón, atracou nestas augas. Coa conmemoración do V Centenario do Descubrimento construíuse unha réplica da embarcación que permanece amarrada para os visitantes nun dos peiraos.

En 1999 volveuse acondicionar o inteiror da nave, dotándoa de todos os elementos da época colombina, tanto da cultura cristiá coma da indíxena cultura taína. Deste xeito o visitante pode contemplar a carabela tal e como chegou a Baiona en 1493 e revivir o feito do descubrimento contemplando as figuras que representan a tripulación e os indíxenas americanos, ademais de reproducións dos metais, plantas, alimentos e animais exóticos achados no novo mundo. Contén paneis interpretativos e xogos interactivos.

Máis información: Museo da Carabela Pinta


Aforo limitado a 12 persoas. Consulte as normas de acceso.

Horario: consultar na Oficina de Turismo (986 68 70 67)

Precio: 2 €

(Descárgate a audioguía en castelán, galego, inglés e francés)

Entrada conxunta Casa da Navegación-réplica da Carabela Pinta: 3 €

Grupos: reserva no 986 35 66 88; museo.navegacion@baiona.org

 
Engadir ao planificador de viaxes
Este lugar pertence a ruta seguinte: Histórica