Arredores

Casona

Baiona está situada moi preto de múltiples puntos de interese da zona e unida por autoestrada cos principais lugares de interese de Galicia. Os lugares máis próximos son Praia América (4 km), Panxón (6 km) -pobo mariñeiro que ten un fermoso templo votivo, obra do memso arquitecto que construiu a Virxe da Rocha, Antonio Palacios-  e Oia (15 km), cun mosteiro cisterciense (S. XII), de fachada barroca, ou as coñecidas Pozas de Mougás.

Hacia o norte atopamos Vigo, metrópole principal da provincia e situada a só 22 quilómetros. Buliciosa cidade de servizos, porto de gran importancia, debe visitarse o barrio mariñeiro do Berbés e probar as famosas ostras no Mercado da Pedra. Vigo conta con amplas zonas comerciais, numerosos locais de lecer e espectáculos, e é coñecida tamén polo seu equipo de fútbo, o Celta de Vigo.

A esta cidade pertencen tamén as Illas Cíes, que forman parte do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, e que se poden visitar en Semana Santa, primavera e verán, saíndo barcos dende Baiona, Vigo e Cangas (pertencente á Comarca do Morrazo, zona con importantes recursos naturais).

Ao sur de Baiona atopamos O Rosal (de especial importancia é a ruta dos muiños de Folón e Picón e as súas numerosas bodegas) e A Guarda (30 km), a onde se chega por unha estrada costeira con formidables vistas do mar aberto. A vila merece unha excursión para coñecer o poboado de Santa Tegra e para deleitarse coa espléndida panorámica de Portugal e da desembocadura do río Miño, o máis caudaloso de Galicia.

Se nos encamiñamos cara ao leste chegaremos a Tui (25 km), declarada conxunto histórico-artístico debido en parte á súa Catedral do século XII e a outros templos relixiosos. Cruzando a ponte chégase ao norte de Portugal, rexión de gran parecido con Galicia e chea de atractivos.

A capital da provincia, Pontevedra, está a 50 quilómetros. A súa localización e o seu pasado nobre marcaron o seu desenvolvemento e diso queda hoxe unha cidade que descobre a cada paso pazos e prazas dieciochescas, rúas con soportais e templos de tódolos estilos. O seu propio rango de capital seguea convertendo en núcleo do comercio dos arredores, ao que se une un ambiente funcionarial e estudantil que a converten nunha cidade variada e animada. Visitando o seu Museo Provincial pode un facerse unha idea da evolución da arte galega.

Moi preto de Pontevedra sitúase o municipio de Poio, co seu mosteiro e o pobo pintoresco de Combarro. E a non moita distancia está a zona do Salnés, de gran importancia turística.