
É coñecida en toda Galicia a Festa do mel e as noces que se celebra en Baiona coincidindo coa festividade de San Cosme e San Damián (26 de setembro). Durante este día, na praza de Santa Liberata, concéntranse numerosos postos onde se venden e se poden degustar estes produtos.
Son de resaltar tamén os concursos de tapas que se celebran en Baiona e que permiten aos participantes degustar elaboradas tapas preparadas con gusto e profesionalidade polos hosteleiros da Vila. Ademáis de probar exquisiteces en miniatura, os partipantes optan a importantes premios. As datas son as seguintes:
- Concurso "Bai de Tapas": abril-maio
Na provincia de Pontevedra organízanse numerosas festas gastronómicas ao longo de todo o ano. Estas son algunhas das máis sinaladas:
- LALÍN: FERIA DEL COCIDO
Fecha: Domingo anterior al Carnaval.
Declarada Fiesta de Interés Turístico Nacional. Una de las más importantes de Galicia, por la categoría de los pregoneros, los premios gastronómicos y los productos. . - BUEU: ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO
Data: Último fin de semana de marzo
Festa de Interese Turístico de Galicia. É a culminación anual dun ciclo de traballo en favor da recuperación deste millo escuro. Degustación de diferentes pratos elaborados con este tipo de millo. - SOUTOMAIOR: FESTA DA OSTRA DE ARCADE
Data: Primeiro fin de semana de abril
Festa de Interese Turístico de Galicia. - ARBO: FESTA DA LAMPREA
Data: último domingo de abril
Das máis antigas de Galicia. Exposición vitivinícola e lamprea cociñada de distintas formas. Festa de Interese Turístico de Galicia. - A ESTRADA: FESTA DO SALMÓN
Data: Terceiro domingo de maio.
Numerosas actividades relacionadas co rei do río. Degustación popular a un prezo simbólico e prezos especiais nos restaurantes da Estrada. - PONTE CALDELAS: FESTA DA TROITA
Data: Último fin de semana de maio
Festa de Interese Turístico de Galicia. Realízase o Concurso Internacional de Pesca Deportiva. Pódese degustar este peixe elaborada de diferentes formas. - A GUARDA: FESTA DA LAGOSTA
Data: Primeiro fin de semana de xullo
Festa de exaltación deste crustáceo que se leva a cabo no porto da Guarda. Degustacións deste e outros tipos de marisco acompañados pola sobremesa típica desta localidade: o roscón de xema. - O ROSAL: FEIRA DO VIÑO
Data: Segundo fin de semana de xullo
Xornadas de degustación do viño que se fai coas uvas crecidas nos viñedos da localidade. - MORAÑA: FESTA DO "CARNEIRO Ó ESPETO"
Data: Último domingo de xullo.
Carneiro asado ao xeito crioulo. Festa de Interese Turístico de Galicia. - CAMBADOS: FESTA DO ALBARIÑO
Data: Primeiro domingo de agosto.
Declarada de Interese Turístico Nacional, é a festa vinícola máis antiga de Galicia. Premios aos 10 mellores albariños, degustación e venda de viño polos colleiteiros da zona. - OIA: FESTA DO PERCEBE
Data: Segundo fin de semana de agosto
Exaltación deste produto, extraido da costa rochosa da localidade. - A CAÑIZA: FESTA DO XAMÓN
Data: 15 de agosto.
Na Cañiza danse os mellores xamóns de Galicia. O día da festa elabóranse diferentes porcións con este ingrediente a prezos populares. - A ILLA: FESTA DO MEXILLÓN
Data: agosto.
Creada para axudar ás agrupacións de mejilloneros da illa. Degustación de mexillóns ao vapor, guisados, en empanada.. - O GROVE: FESTA DO MARISCO
Data: Primeiro fin de semana de outubro.
De Interese Turístico de Galicia. Degustación de moitas clases de marisco nos expositores colocados no porto