Casa da Navegación de Baiona

Situada  no casco  histórico  de  Baiona,  na  coñecida  como  Casa  Carvajal,  a  Casa  da Navegación de Baiona é unha institución municipal que acolle a Colección Visitable que mostra a  evolución  histórica,  urbana  e social  da  Real  Vila,  destacando  as  privilexiadas  relacións comerciais que mantivo con Europa e América e o papel trascendental que xogou o seu porto na historia da Navegación Atlántica.

Esta  colección permítenos  coñecer  e  profundizar  no  noso  legado  histórico  a  través  da exposición  de  fondos  propios  do  Concello,  documentos  antigos  que  atesora o seu  arquivo histórico, facsímiles de documentos relacionados coa Vila, depositados e custodiados en outras institucións museísticas, pezas recuperadas procedentes das intervencións arqueolóxicas e subacuáticas  no  termo  municipal  de  Baiona  e a súa  liña  costeira,  e  da  cesión  de  pezas, documentos e portulanos pertencentes a coleccións tanto museísticas como particulares.

A Casa da Navegación está distribuída en catro áreas temáticas e trece módulos. A pranta baixa está adicada á contextualización xeográfica e a orixe e evolución da vila. A primeira pranta estructúrase en outros dous ámbitos: o porto e o seu significado social, urbano e histórico, e a arte e os perigos da navegación.

 

I.  Unha estratéxica situación xeográfica

  •  Nas rutas da civilización
  •  Unha costa abrigada, un porto de refuxio

 

II.  Orixe e evolución da Vila

  • De Erizana a Baiona
  • A Carta Poboa do rei Alfonso IX
  • Baiona medieval e o comercio marítimo
  • A Arribada

 

III.  O porto

  •  Baiona mariñeira: a pesca e o comercio
  •  O Século de Ouro de Baiona
  •  Porto de Baiona, arquivo histórico
  •   Baiona mariñeira e pescadora

 

IV.  A arte e os perigos da navegación

  •   A Arte de Navegar
  •  Señais de protección: o faro de Cabo Silleiro
  •  Un mar de naufraxios

 

 

 

INFORMACIÓN XERAL

Do 5 ao 9 de outubro: 10:00-13:00 horas

Domingo 10 e luns 11 de outubro: pechado

Martes a sábado: 10:00 - 13:00 e 16:00 - 19:00 horas

 

Condicións de visita como medidas de prevención do COVID-19 (ademáis de manterse as condicións habituais):

- redúcese o aforo a 1/3 do total (máximo 15 persoas)

- é imprescindible usar o hidroxel dispoñible na entrada

- prohibición de tocar os obxectos e as superficies

- non se realizarán visitas comentadas a grupos


Tarifa xeral: 2 €
Tarifa combinada Casa da Navegación e Carabela Pinta: 3 €
Tarifa reducida: grupos escolares/estudantes (+15) acompañados de tutor/profesor;  titulares de
carné xove; pensionistas; membros de familia numerosa (previa presentación do documento
acreditativo correspondente): 50% de desconto
Tarifa gratuíta: menores de 6 anos; persoas con discapacidade; persoal docente e guías oficiais
de turismo (previa presentación do documento acreditativo correspondente).

Entrada libre: Día Internacional dos Museos (18 de maio) e Día do Turista


SERVIZOS
Información | Ascensor | Xardín exterior | Tenda | Visitas guiadas | Accesibilidade
Visitas guiadas. Reserva grupos (mínimo 10 persoas): 986 35 66 88 |
casa.navegacion@baiona.org

ACCESIBILIDADE

  • Prazas de aparcamento, reservadas para turismos, a 50m
  • Acceso  ao  espazo  sen  dificultades  e  a  nivel  desde  a  porta  de  entrada,  sen  barreiras
    arquitectónicas
  • Vitrinas accesibles e planos expositivos inclinados
  • Aseos adaptados
  • Elevador para uso exclusivo de persoas con necesidades especiais
  • Auditorio con aforo para 60 persoas en rampa con localidades adaptadas 


CONTACTO
Casa da Navegación
Ventura Misa, 17. 36300 Baiona
986 35 66 88 | casa.navegacion@baiona.org